Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Porriño amosa o seu pesar polo pasamento de Álvaro Cunqueiro, que fora xefe da Policía Local

A igrexa de Santa María do Viso acolleu este venres o seu funeral

Imagen histórica de Cunqueiro en un acto oficial. / Concello de O Porriño

Imagen histórica de Cunqueiro en un acto oficial.

Vigo

A alcaldesa do Porriño, Eva Garcia; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, acudiron este venres pola mañá ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello pola perda de Álvaro Cunqueiro, que fora xefe da Policía Local da vila e que faleceu este xoves aos 78 anos. O funeral celebrouse ás 18.00 horas na igrexa de Santa María do Viso.

Cunqueiro chegou a Porriño procedente de Vigo e estivo en activo 25 anos, período no que fora xefe da Policía Local ata a súa xubilación en 2008.

Na imaxe que ilustra estas liñas, sen dúbida histórica, aparece xunto co anterior alcalde, Xosé Manuel Barros, o anterior presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor; o viceprresidente, Xosé Luis Barreiro Rivas e co daquela gobernador civil da provincia, Virginio Fuentes.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir