Sociedad | Actualidad
Inmersión lingüística

Os colexios do Porriño impulsan a inmersión linguística con contacontos en inglés

En total, participarán 157 alumnos e alumnas nesta iniciativa

Unha das sesións de contacontos. / Concello de O Porriño

Unha das sesións de contacontos.

Vigo

A Concellería de Educación e a OMIX do Porriño levan a cabo un programa de sesión de contacontos en inglés dirixidos a nenos e nenas dos colexios da vila. A actividade comezou este martes no CPR Hermanos Quiroga e continuou este mércores no CEIP de Atios ata onde se trasladou Lourdes Moure, concelleira deste departamento para comprobar o desenvolvemento da sesión ao carón de 22 alumnos e alumnas de 4ª curso de Educación Primaria.

O obxectivo deste programa, denominado “Contacontos en Inglés no cole”, é ofrecer aos máis pequenos unha actividade en inglés de calidade, pensada por e para os nenos, co fin de impulsar o seu interese e a súa curiosidade cara ao inglés dunha forma lúdica e divertida axudando. Trátase de promover a inmersión lingüística desde cativos e a estimulación precoz, a través de contacontos perfectamente guionizados e teatralizados e desenvolvidos integramente en inglés, en sesións de 30 minutos aproximadamente.

Para realizalos, o Concello conta coa colaboración da empresa Kids&Us que conta cunha experiencia de máis de 15 anos. As sesións de contacontos continuarán despois das vacacións de Semana Santa e rematarán o 9 de abril no CEIP Cruz Budiño. En total, participarán 157 alumnos e alumnas dos colexios do Porriño.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00