Ocio | Ocio y cultura
Videojuegos

Mecoland, o 'server' de Rust ambientado no Grove

Catro mozos do concello meco acaban de poñer en marcha un servidor para o videoxogo Rust no que o mapa é unha réplica exacta do Grove

Portada do servidor Mecoland coa Illa da Toxa de fondo / Cadena SER

Portada do servidor Mecoland coa Illa da Toxa de fondo

Pontevedra

Os galegos amantes dos videoxogos estamos de parabéns, porque catro mozos do Grove acaban de deseñar un servidor do videoxogo Rust ambientado no concello meco. Os seus creadores son: Álvaro Torres, Adrián Borrajeiros, Santiago Vidal e Alexo.

Mecoland, o ‘server’ de Rust ambientado no Grove

07:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1616427048_262956/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O Rust creouse en 2013, pero lanzouse oficialmente no 2018. A fama actual débese, non obstante, a posta en marcha de Egoland, un servidor creado ‘ad hoc’ para os streamers máis famosos de España como Ibai Llanos, Rubius, Alexby, ou The Grefg. Algunha retransmisión en directo deste servidor na plataforma Twitch acadou máis de 1,3 millóns de espectadores. Hoxe en día, ao redor de 200.000 españois xogan a Rust.

Para poñernos en materia, o Rust é un videoxogo de supervivencia en mundo aberto. Os xogadores comezan cun equipamento básico composto por un facho e una pedra e deben recoller recursos como tela, comida e madeira, que poden obter cortando árbores ou cazando animais para así crear novos obxectos como armas, roupa ou materiais de construción. Durante a partida, os xogadores afrontan múltiples desafíos como a fame, hipotermias, ataques de animais salvaxes ou exposición á radiación.

Vistas desde o mirador do Siradella no servidor Mecoland

Vistas desde o mirador do Siradella no servidor Mecoland / Mecoland

Vistas desde o mirador do Siradella no servidor Mecoland

Vistas desde o mirador do Siradella no servidor Mecoland / Mecoland

Este mundo virtual contará, desde agora, cun novo escenario que nos resultará familiar aos galegos, unha recreación a escala 1:1 do concello do Grove. Ademáis da praia da Lanzada, en Mecoland poderemos diferenciar facilmente o Monte Siradella, San vicente do Mar, A Illa da Toxa coa súa ponte e as baterías dos militares. De feito, sinalaba Álvaro Torres que dada a cantidade de xente que xoga a Rust, este mapa calcado á realidade pode ser un incentivo turístico máis para que xente de outros puntos de España e incluso de paises estranxeiros se decanten por visitar O Grove.

A creación do mapa correu a cargo de Adrián Borrajeiros e Alexo. Segundo apuntou o primeiro deles nos micrófonos de Radio Pontevedra, a elaboración minuciosa de cada detalle así como conseguir as proporcións físicas e xeográficas axeitadas non foi sinxelo. En concreto, máis de tres meses de traballo para estes enxeñeiros de Sistemas que crearon, desde cero, cada punto que se pode percorrer en Mecoland, a terra dos Mecos.

Santiago vidal, ademáis de 'gamer', é o encargado de controlar que todo funcione ben no xogo, analizando cada erro que aparece para que sexa solucionado. Polo de agora o servidor está dispoñible na versión beta, de probas, pero os artífices deste mapa para Rust agardan que a vindeira semana dispoñamos del de forma oficial.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00