Francisco Ruiz: "Non hai xente que queira traballar altruistamente"
O vindeiro 25 de marzo decidirase sobre o futuro do Racing Vilalbés nunha Asamblea Xeral Extraordinaria

Comunicado oficial do Racing Vilalbés / Twitter Racing Vilalbés

Vilalba
Adaptarse ou morrer, ou como un club con 90 anos de historia pode disolverse de non atopar un capitán que dirixa o barco. O Racing Club Vilalbés non atopa relevoó mandato de Francisco Ruiz, actual presidente. Tras case unha década de traballo, Ruiz presenta a súa dimisión "irrevocable" e, ante o deserto de candidaturas, convoca unha Asamblea Xeral Extraordinaria para decidir o futuro do club de Terceira División.
"Eu vou estar ata que remate a tempada, pero é seguro que non vou continuar. Ó non haber ninguén disposto a ocupar a directiva, vémonos obligados a convocar unha Asamblea na que sexan os socios os que decidan", apunta Ruíz. Toca decidir algo moi delicado: Deixar que o club morra ou asumir responsabilidades e alongar a súa vida.
O sentimento que lle provoca esta situación "varía" segundo o día que lle preguntemos a Ruiz."Uns días penso, moi mal o tiven que facer para que ninguén queira seguir co club, e outros días penso, pois fíxeno tan ben que ninguén quere vir detrás porque é difícil de mellorar", confesa entre risas.
Tras oito anos traballando altruistamente coma presidente do club chairego, a sensación que invade a Ruiz é"que cada día hai menos xente que queira traballar e asumir responsabilidades de balde". É "triste", di, ver que un club case centenario como o Vilalbés poida desaparecer no remate da tempada 20/21.
Francisco Ruíz fala en SER Deportivos sobre o futuro do equipo chairego
06:35
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
"Non hai moitos clubs na provincia que poidan presumir coma Vilalba do Racing" por iso agora tócalle ós seus socios decidir que queren facer con el. Ruíz non quería que a súa decisión pillase a pé cambiado ós socios e o club, por iso marcou "uns plazos, con tempo", pera buscar un relevo.
Polo de agora o futuro de Racing Vilalbés está no aire. O día 25 de marzo escribirase un capítulo que marcará a historia do club chairego. Os socios serán quen de decidir se hai un final máis perto que lonxe.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo