Cee busca a mellor opción para dinamizar o mercado municipal

Mercado municipal de Cee / Google Maps

Cee
O goberno de Cee inicia un estudo para determinar as accións necesarias que permitan potenciar o Mercado Municipal. O estudo rematará aproximadamente en dous meses e contará coas opinións da oposición, praceiros e clientes, entre outros factores.
Algunhas das ideas pasan por ampliar aparcamentos, incorporar novos servizos, diversificar os postos de venda ampliando oferta ou modernizar as instalacións.
Segundo a alcaldesa Margot Lamela pretenden atopar a personalidade do Mercado ceense e o primeiro paso é realizar un estudo económico en relación á súa contorna para establecer as estratexias de optimización dos usos. Búscase tamén acadar o selo de Mercado Excelente de Galicia.
Tanto Goberno como oposición coinciden na necesidade de realizar o estudo aínda que algúns grupos opinan que xa tería que terse feito hai tempo.