O Pavillón de Deportes dos Remedios reabrirá as súas portas o luns 1 de marzo
Manterase o horario e sen cita previa, pero respectando o límite de aforo do 30%

O Pavillón de Deportes dos Remedios reabrirá as súas portas o luns 1 de marzo / Consello Municipal de Deportes

Ourense
O Pavillón de Deportes de Os Remedios volverá abrir as súas portas a partir do día 1 de marzo no seu horario habitual. Non será precisa sacar cita previa, salvo nas actividades dirixidas, pero o aforo estará limitado segundo indiquen as normas sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia que, nestes momentos, é do 30%, tanto no interior da instalación como cada un dos espazos deportivos.
Os usuarios, que queiran facer uso das instalacións terán que activar as súas tarxetas a través da páxina web do Consello Municipal de Deportes,WWW.ourensedeportes.com, ou a través do enderezo de correo electrónico:info@deportesourense.com
O protocolo de uso das instalacións, neste novo período de apertura, comunicarase oficialmente cando se dispoña da norma legal que así o ampare, pendente a día de hoxe de publicación.