De exalcalde de Ribadavia a vicepresidente segundo da Deputación de Ourense
Baltar nombra a César Fernández trala moción de censura de Ribavia

César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e o presidente Manuel Baltar / Deputación Ourense

Ourense
Ribadavia xa ten nova alcaldesa. Noelia Rodríguez comeza a súa xestión no concello despois da moción de censura feita ao popular César Fernandez. Porén, o exalcalde pasa a ocupar desde este mércores a Vicepresidencia Segunda da Deputación de Ourense.
O presidente da Deputación, Baltar asinou hoxe o decreto, segundo o cal o deputado provincial por Ribadavia asume este cargo, as competencias en Dinamización do medio rural e os asuntos da institución provincial na comarca do Ribeiro, así como a dependencia da xestión do centro cultural “Marcos Valcárcel” e do Teatro Principal.
Baltar nombra a César Fernández vicepresidente segundo de la Deputación de Ourense
01:07
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Por unha banda, Baltar, valoraba positivamente “o reforzamento político que supón para a Deputación que César Fernández asuma responsabilidades de coordinación dos temas relacionados cunha comarca fundamental no desenvolvemento económico da provincia de Ourense como é a do Ribeiro”.
Por outra banda, César Fernández agradeceu a confianza outorgada por parte do presidente Baltar e dixo que nestes momentos “son necesarias institucións fortes que respondan aos desafíos e garantan servizos públicos de calidade, baseando a súa actuación na planificación, a previsibilidade e a seguridade xurídica”.
Esta nova supón unha sorpresa perante á recén saída de Fernández do Concello de Ribadavia, cuxo cargo pasa a estar ocupado pola socialista Noelia Rodríguez.