Ocio | Ocio y cultura

O entroido fisterrán, dos comezos a actualidade

Nun ano no que os festexos son en liña, respasámolos dende os seus comezos

Integrantes da comparsa de Fisterra Os trotamúsicos / María Velay

Integrantes da comparsa de Fisterra Os trotamúsicos

A Coruña

O entroido e Galicia, Galicia e o entroido, un tándem indivisible do que moito se fala e, máis ca outra cousa, se goza. Ese tempo que nos fai libres, gamberras, burlóns, críticas... tempo de lecer na compaña dun bo lacón con grelos, orellas, filloas ou rosquiñas.

Todos sabemos do de Verín, Laza ou Xinzo, pero o certo e que hai moitos mais entroidos espallados polos concellos galegos. Desta volta, o protagonismo no A Vivir las Rías lévao o entroido na fin do mundo: Fisterra.

Os comezos

'Los astrónomos' e 'Los diablos' foron as primeiras comparsas que se recordan, e a súa fundación data de 1910, daquela, Don Emerito, un médico natural de Corcubión, converteuse no pai do entroido fisterrán.

Os festexos continuaron ano tras ano ata que en 1929 unha desgraza no mar conseguiu acabar cos folgos dos veciños, un naufraxio fixo que todo quedará paralizado. A aquel acontecemento sumouse anos despois a chegada da guerra civil, e non foi ata os anos oitenta, co goberno de Valentín Castreje e co pulo de entidades coma Casino ou da Casa do Mar que o entroido voltou para quedar en Fisterra.

O entroido "moderno"

Integrantes de comparsas dos anos oitenta e noventa coma Roberto Traba, O Casino; Manuel Canosa, Os da Anchoa; ou Agustín Rivas, dono do bar Cómic, sede da comparsa J.B nos contan como se vivían naqueles anos as festas: "cantabamos polas rúas e facíamos os disfraces coma podíamos, que daquela non había de todo", "o principio as coplas eran sobre o que lles pasaba ós veciños, pero despois comezamos a falar de política".

Santi Caneta, Manolo de Adamina, Gelucho dos tres Golpes ou Ramón do Caballero son algúns dos nomes propios daquel entroido. Moitos dos integrantes das míticas comparsas reivindican a volta dos festexos ás rúas.

O entroido na actualidade

Este ano o Concello de Fisterra fixo una celebración en liña coa que intentou animar os fisterráns con premios ó disfraz mais orixinal, individual, en parella ou en familia , pero en condicións normais o polideportivo é agora o o epicentro do seu entroido. Comparsas coma Tortugas y peces, Os da charca ou Os trotamúsicos, engalánanse cada ano para tentar que o costume de celebrar o carnaval non morra e pase de pais a fillos. Así o contan Miguel Benlloch, Germán Martínez e Manuel Papín: "cando acaba o entroido xa estamos pensando de qué ir disfrazados o ano que ven, trátase de que os nenos e as familias o pasen ben e se sigan creando comparsas." Que así sexa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00