Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Deportes
CV Emevé

José Valle non tira as campás ó aire sobre a permanencia porque "as matemáticas ainda non dan"

O CV Arenal Emevé demostra que a madurez sobre a cancha veu para quedar

José Valle, adestrador do CV Emevé / cv emevé

José Valle, adestrador do CV Emevé

Lugo

José Valle é dos que ata que non o ven non o cren. O adestrador das rapazas do CV Emevé celebra a vitoria chave desta fin de semana ante o Chamberí ( 3-0 ), pero ata que as "matemáticas dean" hai que seguir traballando por sumar.

O equipo de volley lucense comezou a trompicóns esta tempada: malas xeiras, xogadoras que non cuallaban, moita inexperiencia... pero dende hai varios meses, as lucenses deron un puñetazo sobre a mesa para deixar claro que se chegaron ata onde chegaron é por algo.

A madurez sobre a cancha veu para quedar, "Lucía Prol ou Marta Otero son dous nomes propios, pero os seus avances son gracias ó conxunto que todas elas forman", puntualiza o adestrador. E é que tanto Prol coma Otero deron un xiro de 180º  que nin os exames universitarios de xaneiro foron quen de frear. "Para min, coma adestrador, o mellor é que todas estean dispoñibles e desexando saír  xogar", confesa.

Nunha tempada tan atípica, o CV emevé tivo a gran sorte de só ter que adiadar un único encontro, xa recuperado, mais "hai outros equipos, rivais directos con menos puntos e con menos xornadas desputadas", coma é o caso das canarias, ás que visitarán esta fin de semana. Puntualiza o adestrador que "os encontros pendentes de xogar son con rivais que se atopan ocupando os postos máis altos da táboa clasificatoria", pero pide non confiarse.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

José Valle valora a vitoria ante o Chamberí

00:00:0004:41
Descargar

As xornadas pendentes para rematala liga cóntanse cos dedos dunha mán, o certo é que todo se encarrila para lograr a meta: a permanencia. Con 14 puntos xa metidos no peto e ubicadas na novena posición da táboa, soñar coa permanencia semella cada vez algo máis factible. O peor? Ter que xogar sen a calor do público, pois dende a chegada das novas medidas de seguridade, só os avatares poden gozar en vivo e en directo de El Mejor Equipo de Volley de España.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir