O COB recibirá da Deputación a subvención do convenio
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense aprobou unha subvención a favor do Club Ourense Baloncesto

Subvención da Deputación de 250.000 euros, destinada a gastos de funcionamento e mantemento na tempada 2020-21 / COB

Ourense
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida por vía telemática e baixo a presidencia de Manuel Baltar, aprobou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións destinadas a federacións e agrupacións de asociacións veciñais de Ourense, así como unha achega ao Club Ourense Baloncesto para a tempada 2020/ 2021, todo elo por importante de preto de 300.000 euros. Unha sesión na que tamén se incluíu a fixación de prezos públicos para seis publicacións que editará a Deputación de Ourense.
No ámbito deportivo, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención a favor do Club Ourense Baloncesto Baloncesto, por importante de 250.000 euros, destinada a gastos de funcionamiento e mantemento na tempada 2020-2021.