Economia y negocios | Actualidad
CORONAVIRUS COVID - 19

Preocupación polo incremento de casos en Allariz y Xinzo

Na primeira localidade farán un cribado mañá, na outra solicítano

Detectar posibles casos positivos de covid-19 asintomáticos, e cortar así a cadea de contaxios, é prioritario. / Redacción

Detectar posibles casos positivos de covid-19 asintomáticos, e cortar así a cadea de contaxios, é prioritario.

Ourense

Pois sí, precisamente debido a esta realidade Sanidade cita mañá a 1.500 persoas, maiores de 18 anos, en Allariz para un cribado ante o incremento de casos detectados nos últimos días. Hoxe son 59 as persoas que están contaxiadas, onte eran 51.

O cribado realizarase a través da recollida de mostras para PCR no pavillón municipal, a partires das 3 da tarde. As persoas, seleccionadas aleatoriamente, xa están sendo citadas desde onte, por medio de SMS, no que se lle indica a hora e o lugar.

O obxectivo desta mostra e detectar posibles casos positivos de covid-19 asintomáticos, e cortar así a cadea de contaxios, así como coñecer o grado de transmisión en dita localidade que se atopa en situación de “vixilancia especial”, polo momento non está pechado, veremos que acontece esta tarde.

Pola súa banda a responsable do concello de Xinzo de Limia, que neste momento ten restriccións a mobilidade, Elvira Lama, pide precisamente que tamén que no seu municipio fágase un cribado para illar aos asintomáticos.

O municipio pasou no que vai de ano de 39 casos activos o 1 de xaneiro a 119 hoxe, onte eran 110, pese ás recomendacións e controis policiais. Quere que o cribado sexa valorado na reunión do Comité Clínico desta tarde e ofrece todos os medios necesarios para levalo a cabo.

So dende o pasado día 4, explica Lama Fernández, o incremento foi de 66 casos, que atribúe esta incidencia á mobilidade nas datas de Nadal, nas que se permitiron os reagrupamentos familiares, e ás reunións de non conviventes.

Elvira Lama considera que pese a proactividade do Concello, coa publicación de bandos, intensificación de controis policiais e recomendacións, “é preciso agora un cribado da poboación xeral” .

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00