A Real Academia Galega e a USC presentan 'Novas voces para a lingua'
Un proxecto audiovisual coa intención de conectar a xuventude co idioma galego
A Coruña
A Real Academia Galega e a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago presentaron " Novas voces para a lingua". Un proxecto audiovisual coa intención de conectar a mocidade co idioma galego. O primeiro capítulo está protagonizado pola futbolista Verónica Boquete.
O presidente da Real Academia, Víctor Freixanes, afirmou que cada xeración é un pulso de esperanza, unha voz que inaugura o mundo. E engade que a lingua a facemos entre todos. Lois Alcayde é o guionista e Meritxell Álvarez é a produtora, xunto a Paula Quiroga estudan Xornalismo e Comunicación Audiovisual.