A biblioteca de Emilia Pardo Bazán pasa a estar protexida como Ben de Interés Cultural
A colección está composta polo case oito mil volúmenos custodiados na Real Academia Galega da Coruña e os preto de tres mil que se atopan nas torres do Pazo de Meirás
Entrevista a Xosé Luis Penas, Diputado provincial de BNG y Delegado de contratación y patrimonio (25/11/2020)
07:28
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A Coruña
A biblioteca de Emilia Pardo Bazán, tanto os libros que se atopan na RAG como os que están no Pazo de Meirás, está protexida desde esta mañá como Ben de Interese Cultural. O Diario Oficial de Galicia publica o expediente de incoación da súa declaración como BIC o que supón a aplicación provisional do réxime de tutela previsto na Lei de Patrimonio cultural de Galicia. Impide que os Franco ou calquera outro cidadán ou institución poida mover un dos libros do Pazo.
Más información
A colección está composta polo case oito mil volúmenos custodiados na real Academia Galega na súa sede da Cidade Vella e os preto de tres mil que se atopan nas torres de Meirás, outra das residencia da escritora antes de pasar a mans dos Franco. A declaración como BIC foi solicitada pola Academia e avalada por un traballo de inventariado dos fondos. Deixa a porta aberta a que tamén poidan ser protexidos outros exemplares que actualmente se atopen en paradoiro descoñecido.
Todos os libros da biblioteca posúen un cuño de cor vermella cumprimentada a man coa situación de cada un deles en Meirás. Corresponde a un ficheiro completo que está na planta baixa das Torres de Meirás que permite reproducir o lugar exacto de todos os libros. A biblioteca atopábase ao completo en Meirás ata o momento do incendio dos anos setenta.