O Correlingua celébrase en streaming e baixo o lema "Vinte coa lingua"
Houbo un concerto de AldaoLado e Cuarta Xusta, dende o Colexio Alborada e en streaming

Vinte coa lingua / Correlingua

A Coruña
O Correlingua chegou hoxe á Coruña. Non houbo carreira pola lingua galega, si houbo concerto de Aldaolado e Cuarta Xusta, desde o Colexio Alborada e en streaming.
Unha actividade con participación de boa parte de colexios e institutos que cumpre 20 anos como sinala no seu arranque Isabel Risco: " Ei rapazada, xente toda! estamos non que lle chaman inestriming, neste correlingua estamos de aniversario, vinte anos do correlingua, non pode parar!
Segundo cálculos da organización cada ano son máis de 20 mil os mozos e mozas que participan nas actividades organizadas pola Asociación sociopedagóxica galega, A Mesa pola normalización e CIG ensino co apoio da Deputación da Coruña. O lema desta edición é " Vinte coa lingua".