Sonia Méndez, directora del Carballo Interplay: "Venimos de internet y a internet hemos vuelto"

Carballo Interplay / Carballo Interplay

A Coruña
A VII edición do festival de contidos dixitais Carballo Interplay por fin púidose celebrar despois de varios intentos.
Talleres, encontros de profesionais, mesas redondas, estreas de webseries, humor e feminismo teñen cabida nesta edición "100%100 desde a túa casa".
A directora do festival e algunhas dos seus protagonistas pasáronse polo A Vivir as rías para explicarnos como cambiaron este tipo de eventos coa pandemia do coronavirus, cales son as súas inquietudes e proxectos e abrigo, para que nos pique a espiral e pasémonos por carballointerplay. com a gozar, con tempo iso si, porque hai moito que ver.
"Vimos da internet e a internet voltamos"
Sonia Méndez, directora do Festival, recoñece que todo o proceso de transformación do festival dáballe certo medo, pero que finalmente se atopa moi satisfeita co resultado.
Lembra que todo o material que conforma o cartel está dispoñible unha vez estréase, polo que en calquera momento pódese gozar.
31 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial que repartirá máis de 5.500 euros en premios. A organización do festival elixiu, entre as propostas chegadas de todo o mundo, un total de 7 series galegas e en galego, 10 do resto do Estado e 14 do resto do mundo.
Brays Efe, Alfonso Zarauza, Fernanda Tabares, Guillermo V. Zapata e Andrea Gumes,Laura Mendez, Antía Suárez e Jaime Regueiro froman parte dos distintos xurados. A Asociación Sindical Galega de Guionistas patrocina un premio ao mellor guión e a Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia , un premio á mellor dirección dotado, na clusura do festival entregaranse os galardóns á mellor actriz e ao mellor actor.
O Carballo Interplay contou entre outras moitos contidos, cunha mesa redonda sobre As mulleres e os videoxogos, un encontro de creadores de podcast en galego, unha conversa sobre os festivais en tempos de distancia social e multipantalla ou un repaso polas barricadas ca comedia feminina.
Carolina Iglesias e a confusión entre enfluencer e creadora
@percebesygrelos é unha das convidadas desta edición especial do programa e tamén é unha das últimas fixaches de Podium POdcas grazas a Estirando chicle, un podcast prresentado xunta con Victoria Martín (@liviingpostureo).
Carolina recoñece que pese a levarmoitos anos traballando en televisión, radio, internet, ter escrito un libro, ect, todavía hai xente que a tilda só de youtuber. " Hai moitos prexuizos co tema, o temos recente coa polémica do que gañaba Ibai llanos, algo fará para chegar a tantísima xente, algo máis que ensinarlle ós nenos a argallar co ordenador".
Andrea Gumes e a radio dixital
"Cando o Festival Primavera Sound apustou por montar unha radio dixital aínda non estaban de moda os podcast, a persona que estaba detrás deste proxecto ofreceunos facer algo" así conta Andrea Gumes como xurdiu Ciberlocutorio, o espazo que presenta xunto con Anna Pacheco en Radio Primavera Sound. As dúas fixeron un directo especial para Carballo Interplay con un convidado que ten moito qué decir no audiovisual patrio, Brays Efe.
Lorena Iglesias e a morriña galega
Esta coruñesa residente en Madrid marchou hai moitos anos becada pola Deputación para labrarse un futuro artístico. Lembra que sempre fai guiños ás cidades que acollen o seu espectáculo "pero desta volta é mais especial". Necroshow é unha mestura entre humor e música en formato monólogo.
Sobre o protagonismo de la mujer en esta edición del festival con grandes creadoras y la mesa redonda sobre comedia de guerrilla