Ana Pontón: "A Xunta é responsable do que está pasando en Ferroatlántica"

Entrevista a Ana Pontón (25/09/2020)
19:40
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Costa da Morte
A portavoz nacional, Ana Pontón, reuniuse co comité de empresa de XEAL para apoiar aos traballadores logo de que este xoves empezase a aplicarse un ERTE debido á caída da actividade industrial das factorías tanto de Cee como Dumbría, o que pon na picota o futuro de 400 postos de traballo na comarca da Costa da Morte, ao tempo que a explotación das centrais hidroeléctricas está a pleno rendemento dando enormes beneficios ao novos accionistas.
Segundo Pontón: “Estamos ante a repetición dunha farsa, case diría unha estafa: antes Villar Mir e agora un fondo de investimento desenvolven unha estratexia para desmantelar unha empresa que é fundamental para o tecido económico e social da comarca. Estamos ante unha fraude que consiste en explotar as centrais hidroeléctricas do Xallas e desmantelar o proceso industrial, empezando por poñer en marcha un ERTE”.
Pontón esíxelle ao Goberno da Xunta que solicite a retirada inmediata do ERTE, que demande o reactivación da actividade industrial e do emprego, que faga cumprir as condicións da cesión da centrais hidroeléctricas, e que se a empresa non cumpre co establecido que o Goberno da Xunta inicie un proceso de reversión á xestión pública das concesións das centrais hidroeléctricas, tendo en conta que están vinculadas ao mantemento da actividade industrial e do emprego e que non se cumpre.
A portavoz Nacionalista recordou que o propio presidente da Xunta comprometía que habería un plan industrial e investimentos de 14 M€ para mellorar Ferroatlántica, pero a realidade é que "o goberno carece de política industrial para esta comarca e limítase a tirar balóns fora cando están en xogo o futuro de 400 empregos. Hai que actuar de inmediato e imos promover esa actuación desde o Parlamento”.
Ana Pontón reuniuse tamén cos membros do BNG de Corcubión para denunciar que a Xunta non abra o Centro de Día de Corcubión que leva anos rematado. criticou tamén o esquecemento da Costa da Morte dende hai moitos anos por parte da Xunta de Galicia que cada vez recorta máis servizos no rural.