A Universidade da Coruña estudiará cómo potenciar o Camiño Inglés
Cerca de 16.000 peregrinos percorreron esta ruta xacobea o ano pasado
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/PCJOBSLYCJL4PIXYW3E2H7GHNQ.jpg?auth=0ef424053600c3e9ec603a8b8f6440d4f31d8d3f9552537061a51896338f96fb&quality=70&width=650&height=273&smart=true)
Firma del convenio / Asociación del Camino Inglés
![Firma del convenio](https://cadenaser.com/resizer/v2/PCJOBSLYCJL4PIXYW3E2H7GHNQ.jpg?auth=0ef424053600c3e9ec603a8b8f6440d4f31d8d3f9552537061a51896338f96fb)
A Coruña
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés asinou un convenio coa Universidade da Coruña para elaborar un estudo que permita determinar as potencialidades e necesidades deste roteiro xacobeo. Un Camiño que atravesa 18 municipios, entre eles os das cidades da Coruña e Ferrol, e que foi percorrido o ano pasado por case 16 mil peregrinos.
O estudo, que estará rematado a finais de ano segundo as previsións, presentará conclusións sobre a realidade sociocultural, económica, ambiental e institucional do Camiño Inglés. Para iso realizaranse enquisas co obxectivo de saber o grao de coñecemento deste roteiro en Europa e coñecer tamén as necesidades de e pequenos empresarios dos termos municipais por onde atravesa o Camiño.
Durante a firma do convenio, o Reitor da UDC, Julio Abalde, destacou que é o primeiro convenio que se asina por profesorado da titulación de Turismo. Espera que o estudo sexa unha ferramenta moi válida para que os Concellos poidan planificar o seu futuro. Para Abalde é importante analizar todas as posibilidades de desenvolvemento económico e social para volver canto antes á situación anterior.