Iago Míguez: "A lesión e o confinamento fixéronme valorar cousas tan habituais coma adestrar"
O xogador laranxa regresaba no amigable ante o Palma despois dun ano parado por mor dunha lesión no xeonllo

Iago Míguez durante o amigable ante o Palma / Twitter Pescados Rubén Burela

Lugo
Que fixéchedes nos derradeiros 357 días? Unha parte deles estar confinados, iso xa o sabemos, mais... o resto do ano? Iago Míguez, o xogador do Pescados Rubén Burela non ten moito que pensar para espostar esta pregunta: Recuperarse da roturados ligamentoscruzado anterior e colateral medial. Pero 357 día despois, está de volta.
Iago Míguez fala do seu regreso á cancha
05:30
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Xa pasou un ano pasou dende aquel partido ante o Levante que lle torceu a campaña o xogador burelista. Unha lesión con moita controversia pola saída do gardamallas visitante. Con todo, non é momento de relembrar malas vivenzas se non de festexar o regreso, "coma un xuvenil"á cancha.
Despois de tanto tempo afastado da súa pasión, a pregunta que quería respostar era como se sentiría unha vez estivese de novo sobre a pista. "E foi coma se volvese debutar". Ante a atenta mirada de 300 afeccionados laranxas que o venres 18 puideron entrar no Vista Alegre, Míguez volveu. Foron meses " moi duros, de ver como uns días se avanza e outros se retrocede".
O confinamento pillouno na época de comezar a correr, o que lastrou algo máis do agardado o proceso de posta a punto, pero non foi un impedimento. " Os servizos médicos do clube puxéronse en contacto conmigo e organizamos un planning", para continuar coa rehabilitación dende a casa.
Do illamento e da lesión saca aprendizaxes."Comezas a valorar cousas que antes pasaban desapercibidas ou eran rutinarias coma o mero feito de ir adestrar cos compañeiros. Ainda que en cada destramento se de o 100% penso que antes non valoraba igual a oportunidade que significa poder facer o que queiro, a miña pasión", reflexiona.
Agradece toda a calor que a afección laranxa lle fixo sentir, tanto de portas cara á dentro coma fora."Moitísima xente se puxo en contacto comigo antes e agora e fante sentir moi querido".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo