José Miragaya: "As lesións son algo inherente ó deporte, pero poñer unhas velas non está demais"
O preparador físico regresa, á que foi a súa casa durante dez tempadas "ilusionado", e disposto a traballar a prol do ascenso, ainda que "sabendo que é moi complicado"

José Manuel Miragaya durante un adestramento no Pazo / CB BREOGAN

Lugo
José Manuel Miragaya regresa á que foi a súa casa durante dez tempadas. Vove ó CB Breogán e faino "ilusionado" e co obxectivo de regresar á ACB coma meta. Un obxectivo que, el máis que ninguén, sabe non é doado. "Nesas dez tempadas deume tempo a vivir de todo e sempre estaba a ansia de regresar á ACB presente. Hai que traballar por iso, pero hai que ir paseniño, buscando facer equipo e sendo conscientes do difícil que é".
José Manuel Miragaya "ilusionado" na súa volta á casa
07:50
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Miragaya foi unha das baixas máis susceptibles a tempada do ascenso do equipo. Moitos afeccionados preguntaban o porque da súa saida e non entendían que a entidade non puxase forte por un home da casa. "No seu día non houbo acordo, agora, ainda que foi todo moi rápido, chegamos a un punto en común", explica.
Sen dúbida, a gran coletilla que o CB Breogán levaba arrastrando as últimas tempadas é a de "lastrados polas lesións". Miragaya bromea e recoñece que "as lesións son algo inherente no deporte, precisas dun bo adestramento e preparación física para evitalas, pero... non está demais poñer algunha vela".
O poso da experiencia e ter despexada a cabeza nestas útlimas dúas tempadas permítelle vir con obxectivos máis claros, ainda que todo leva o seu tempo. "Levo tres días, estou amoldándome a Epi, coñecendo o staff, o equipo... pero non dubido en que imos facer un bo traballo".
A nova realidade marcada pola alerta sanitaria producida pola Covid-19, chega e afecta a tódolos niveis. Finalmente o CB Breogán non participará no torneo amigable organizado polo Benfica, con todo, Miragaya considérase un privilexiado. "Creo que tal e como está a cousa temos que ver que somos uns privilaxiados por poder adestrar e por poder traballar", relfexiona.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo