Vivindo A Costa da MorteVivindo A Costa da Morte
Sociedad | Actualidad
A Costa da Morte

Solicitan que a reforma da Lei de Costas permita ás empresas vinculadas ao mar seguir asentadas no litoral

Cee / Concello Cee

Cee

A alcaldesas de Cee e Camariñas, Margot Lamela e Sandra Insua, e os alcaldes de Muxía e Carnota, Iago Toba e Moma Saborido, remitiron o día 2 de setembro á ministra Teresa Ribera unha proposta para modificar o artigo 18 do proxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica, de xeito que permita que as industrias vinculadas á xestión de recursos naturais do mar podan seguir desenvolvendo a súa actividade no borde mariño.Dende as alcaldías de Cee, Camariñas, Muxía e Carnota propoñen a Transición Ecolóxica que a redacción definitiva do artigo 18 “exceptúe no seu apartado 4 sobre os títulos de ocupación do dominio público marítimo-terrestre ás empresas relacionadas co sector mar-industria coma a acuicultura, a depuración de marisco ou as conserveiras e calquera outra relacionada con sector mar- industria”.As alcaldesas de Cee e Camariñas e os alcaldes de Muxía e Carnota cren “necesario” e “de sentido común” que o texto lexislativo “atenda ás peculiaridades da costa galega” e diferencie claramente a este tipo de actividades tradicionalmente vinculadas ao mar doutras actividades industriais moito máis agresivas co litoral e o medio ambiente e considera que, tal e como está redactado o citado artigo actualmente, a Lei podería afectar á viabilidade económica de numerosas industrias relacionadas co mar que verían acortada, cando non directamente finalizadas de xeito inmediato, as súas concesións, poñendo en risco o sustento económico de moitas familias.

A Alcaldesa de Cee e a representante legal da Piscifactoria de Lires manterán unha reunión co Xefe Territorial de Costas de Galicia, nos próximos días.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00