Deportes
CB breogan

Tito Díaz sobre a ausencia dun protocolo único: "Téñense que mollar"

A entidade está moi pendente de "como se poderá xogar" para poder sacar a campaña de aboados

Tito Díaz é optimista e agarda que esta semana podian coñecer o protocolo / CB BREOGAN

Tito Díaz é optimista e agarda que esta semana podian coñecer o protocolo

Lugo

O CB Breogán insta á Federación a presentar un protoclo único e seguro que garanta o inicio da competición. Así o fixo público o director xeral da entidade, Tito Díaz, nos micrófonos de Radio Lugo SER. "Non tememos non poder xogar, o que queremos é que as institucións se mollen e poñan en coñecemento dos clubes o protocolo deseñado". Díaz é optimista e agarda que esta semana se poida solucionar o embrollo e contar cun proxecto sólido. 

Tito Díaz valora a reunión do CSD "negativamente"

10:10

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Os celestes comezarán a adestrar a vindeira semana, malia non saber cales serán as normas que rexirán a campaña 21/22. "Nos temos depositadas moitas ilusións neste proxecto, pero precisamos saber como van ser as cousas", reflexiona Díaz. Asegura que dende o clube traballan por estudar todo polo miudo, "control das portas, do aforo, posibles rotacións..", pero é traballar sobre suposicións, pois sobre o papel non hai nada.

A gran incógnita é que pasará cos afeccionados. Aforo limitado? Distancia de seguridade? "Nos consideramos que gardando as medidas que se nos recomendan poderemos gozar do baloncesto. Agora toma moita importancia a responsabilidade individual". E é que o Breogán ten a obriga de loitar pola súa afección. Por unha banda polo deportivo, porque "son a mellor afección", e pola outra, polo económico: "O Breogán precisa a afección polo sustendo deportivo e eocnómico, non hai dúbida"

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00