Volve a Festa Marisqueira a Ponteceso
Malvela, Cherry&TheLadies e La Guardia protagonizarán os concertos nocturnos, pero tamén haberá sesión vermú os días 19 e 20 con CarmenRey e Malditos Pendejos

Festa marisqueira en Ponteceso / Concello de Ponteceso

O Concello de Ponteceso aposta pola promoción da Semana Santa galega como unha das épocas fortes para o turismo e este ano reforzamos a aposta co obxectivo de que repercuta no sector e, en consecuencia, na economía local. Pero tamén apostamos pola posta en valor da cultura, o produto autóctono, do traballo do sector marisqueiro e da gastronomía propia. A Festa Marisqueira é unha das pouquísimas celebracións gastronómicas nas que non só se utiliza, exclusivamente, produto fresco en todas as elaboracións.
A Festa Marisqueira celebrarase os días 18, 19 e 20. Haberá degustacións na carpa da Praza do Relleno tanto a mediodía coma á noite, pero tamén haberá música, e ademais de primeirísima calidade.