22 anos de Xiria Pop
Un dos festivais independentes en pequeno formato referencia en Galicia volta Carballo esta fin de semana

Carteles del Xiria Pop / Concello de Carballo

A Coruña
Este venres e sábado volve a Carballo o XIRIA POP, que cumpre 22 anos consolidado como un dos festivais de pequeno formato referencia en Galicia.
Este ano encabezan o cartel os Rockfiles, do británico Billy Bremner, os mallorquinos La Granja e Gutara Kyo, o primeiro grupo xaponés en subirse ao escenario da sala Dublín.
Completa o programa a presentación dun libro de poemas que ten non pouco de musical, Mudanza, do carballés Xurxo Chapela; o venres, no Casino, ás 20.30 horas.
"Este ano iamos traer oito grupos, pero ao final caeu un... por desilusión da xente, penso eu", comentou o fundador e organizador do festival desde a súa primeira edición, Xabier Graña, quen estivo acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, na rolda de prensa de presentación do evento celebrada esta mañá na casa do concello.