BrokenBoats estima instalarse en Brens en menos dun ano e xerar entre 15 e 25 postos de traballo

entrevista a Alberto Fraguas (14/08/2020)
11:57
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A empresa de despezamento xa conta con tódolos permisos para poder instalarse no porto ceense, falta agora a autorización municipal. Alberto Fraguas espera que antes dun ano poidan abrir a planta en Brens, asegura o responsable da empresa que cumpren coas medidas de seguridade medio ambiental máis estritas, mesmo se ten en conta o impacto visual e paisaxístico polo que non instalarán grandes guindastres nin se procederá a amorear chatarra.
Fraguas comprende a preocupación dos veciños da localidade e amosase aberto a dar tódalas explicacións que lle soliciten pero recorda que os 4 anos que levan traballando para acadar a autorización reflexan o estrito da normativa que deberon cumprir para acadar a autorización.
No que respecta á creación de emprego dende a empresa fan unha estimación de que precisarán uns 15 traballadores habituais, chegando a 25 en momento puntuais de maior carga de traballo.