Malpica e Camariñas contratan seguridade privada para controlar os accesos ás praias
![Entrevista acceso praias (11/08/2020)](https://cadenaser.com/resizer/v2/NXJPVEG7LFMJROJWKMPDFCFFCM.jpg?auth=2885da8d63d2faf46600ac9b52a9a37b95980c7e24eb6fc4656895a30d79eae2&quality=70&width=736&height=414&smart=true)
Entrevista acceso praias (11/08/2020)
13:45
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A masificación dalgúns areais leva a estes concellos a tomar a decisión de contratar seguridade privada para controlar o acceso nas súas praias máis concorridas.
En Camariñas de momento só haberá vixilancia nas tardes de venres a domingo na praia de Arou, a alcaldesa Sandra Insua non descarta levar a iniciativa a outros areais.
Pola súa parte na praia malpicana de Area Maior o control será diario entre as 12 e as 20 horas, tamén se vixiará noutros areais do concello aínda que non dun xeito continuo.
O alcalde Walter Pardo critica que algúns usuarios deixen as toallas na area todo o día para manter o sitio reservado.