Política | Actualidad
CONCELLO OURENSE

David Olivieri nomeado director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial

O goberno municipal elixe un "top 10", en palabras do alcalde, que liderará o Centro de Intelixencia Artificial

David Olivieri / Universidad de Vigo

David Olivieri

Ourense

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa xuntanza desta mañá nomear a David Olivieri Cechi como director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense. Olivieri será o encargado de dirixir o proxecto do Centro de Intelixencia Artificial que promove o Concello “que vai impulsar a cidade” e será “fundamental no presente e no futuro que se aveciña”, segundo asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña que “ Ourense quere estar na vangarda con este proxecto".

O Concello nomea a Olivieri por ser “a persoa máis capacitada”, explica o alcalde, quen destaca a formación, experiencia e coñecementos de Olivieri, así como a súa condición de doutor profesor no Departamento de Informática do campus de Ourense. “É un top 10 de Galicia, dos científicos con máis publicacións”, di. O primeiro proxecto do novo director xeral será poñer en marcha a convocatoria para a incorporación dos primeiros científicos que traballarán desde este mesmo ano, no Centro de Intelixencia Artificial, nas instalacións de La Molinera.

David Olivieri é licenciado e doutor en Física pola University of Massachusetts, ambos títulos homologados polo Ministerio de Educación, e máster en Fótónica e Tecnoloxía do Láser pola Universidade de Vigo. Obtivo a avaliación positiva pola Axencia da Calidade do Sistema Universitario de Galicia o 22/11/2006, que o cualifica para ser contratado como profesor contratado doutor. Tamén obtivo a cualificación da Axencia Nacional da Avaliación da Calidade e a acreditación como profesor titular de Universidade desde 16/11/2015. Desde o 22/08/2028 é profesor contratado doutor de Linguaxes e Sistemas Informáticos no Departamento de Informática da Universidade de Vigo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00