A Xunta elimina un punto de vertidos de augas residuais na ría de Ares-Betanzos
Augas de Galicia informou ao Concello desta situación que estaba acontecendo na marisma do río Baxoi, no lugar de Telle
A Coruña
Os labores de inspección rutineiros levados a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, permitiron localizar na marisma do río Baxoi, no lugar de Telle, a presenza de aportes contaminantes de orixe fecal mediante a realización dun control analítico das augas vertidas ao dominio público.
Augas de Galicia informou ao Concello desta situación para que adoptase as medidas oportunas para a corrección da contaminación asociada ao puntos de vertido.
A entidade local acometeu á revisión da rede de pluviais a través da cal se producía o vertido, detectando filtracións da rede de saneamento cara á liña de pluviais, e procedendo á reparación das deficiencias existentes no colector.
Nunha recente inspección de seguimento, o persoal de Augas de Galicia constatou nun novo control analítico do punto final do vertido a ausencia de emisións contaminantes, resultando probada a efectividade das medidas correctoras adoptadas