As 5 verdades e as 5 mentiras de Alcoa, por ADEGA
A Asocación pola Defensa Ecolóxica de Galicia presenta un estudo no que reciminan o ter deixado morrer "ós sectores estratéxicos para A Mariña"

Trabajadores de la planta de aluminio de San Cibrao / EUROPA PRESS

Lugo
O futuro de Alcoa preocupa.¿Como non vai preocupar? En xogo está o futuro laboral de máis de cincocentas familias e do principal sustento económico de A Mariña. Mais non todo o que reloce é ouro. Ou así o analizan dende ADEGA, a Asocación pola Defensa Ecolóxica de Galicia, no seu informe "Las cinco verdades y las cinco mentiras de Alcoa".
Froián Pallín, secretario da asociación, divide as verdades nos seguintes ítems:
- Os traballadores de Alcoa non deben pagar os costes da situación actual.
- Alcoa debe de pagar a débeda ecolóxica antes de marchar. Insisten dende ADEGA que hai "miles de toneladas de residuos acumulados no balsa de lodos", explica Pallín.
- A balsa de lodos non cumpre cos parámetros ambentais e de seguridade. Pallín cre que Feijóo é "un xeio, nunca fai nada e a culpa sempre é dos demais", subliña. Recrimina a falta de seguimento deste balsa e que sexa a propia empresa a que fai o seguimento da mesma. "Non é unha amenaza, pero que tomen nota porque detrás disto hai un delito ecolóxico".
- Nin a Xunta nin o Estado son quen de chegar a unha solución de futuro. "Hai que traballar sobre as alternativas se queremos atopar solucións". Lamenta que en A Mariña se deixase morrer ós sectores estratéxicos coma a pesca.
- O aluminio pode ser "perfectamente" o sustento de futuro para A Mariña, pero "haberá que introducir a reciclaxe".
Sobre a realidade de Alcoa espállanse cinco mentiras sobre as que ADEGA refelxiona:
- Se se baixase o prezo da enerxía Alco ficaría en Galicia. A multinacional "xa dixo que marcharía ainda que o prezo da luz fose cero".
- A factoría de San Cibrao é competitiva. O modelo de traballo é "altamente ineficiente". Pallín considera que ALcoa debera buscar fórmulas que lle permiitisen reinventarse.
- O Estado non investiu o suficiente en Alcoa. O investimento que se realizau na multinacional non se investíu noutros sectores. "Deixouse desaparecer o sector de transformación da madeira", denuncian que se avogue pola produccióin uúnica e rápida coma o de eucaiptos. Apoiar outros sectore simplicaría ter unha opción de viabilidade a longo prazo " e non meter cartos e pechar en dous anos".
- Alcoa representa máis do 5% do PIB de Lugo.
- Alcoa é estratéxica para o pais.
As 5 verdades e as 5 mentiras de ALCOA
18:17
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo