Sociedad | Actualidad

Margot Lamela anuncia investimentos en Cee

Trátase de algunhas obras novas e outras aprobadas no anterior mandato

Entrevista a Margot Lamela, alcaldesa de Cee (09/06/2020)

Entrevista a Margot Lamela, alcaldesa de Cee (09/06/2020)

12:34

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Margot Lamela pasou polos micrófonos de Radio Nordés para anunciar diversas actuacións no territorio ceense. A rexedora desmenuzou moitas desas obras no Vivindo a Costa da Morte.

Nos próximos días os veciños verán ás máquinas traballando no paseo Pepe Sánchez. O asfalto nesa zona estaba totalmente danado e agora se afrontará a súa reposición dende a estrada AC-440 ata a rotonda do colexio Manuela Rial.

No eido sanitario haberá tamén novidades trala sinatura dun convenio para mellorar o centro de saúde ceense. Impermeabilización ou a instalación de pavimento antideslizante serán algunhas das actuacións a realizar. No Hospital comarcal tamén haberá obras, coa ampliación do espazo adicado ao PAC.

O saneamento é outro dos asuntos de pleno interés nunha ría de Corcubión convertida a cotío en noticia debido aos problemas á hora de depurar as augas residuais. A alcaldesa anunciou a construción dunha nova EDAR que sustitúa a actual.

A acometida de Sembra, a instalación de alumeado LED ou a renovación da instalación eléctrica do pavillón son outras das actuacións previstas nunha vila que xa ten a confirmación por parte de Movistar para desfrutar de fibra óptica en todo o territorio ceense. As actuacións por parte da operadora de telecomunicacións xa comenzaron en Ameixenda.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00