Sociedad | Actualidad
CORONAVIRUS COVID 19

O Concello instala dispensadores de xel antivírico nos parques da cidade

Tamén estarán instalados nos espazos de xogos infantís, para cando se poidan utilizar

Un dos dispensadores de xel antivírico instalados polo Concello / Concello de Ourense

Un dos dispensadores de xel antivírico instalados polo Concello

Ourense

O Concello de Ourense instala 40 unidades de dispensadores de xel antivírico nos parques da cidade. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, coa colaboración da empresa concesionaria Ecourense traballa na instalación de equipos dispensadores de xel antivírico nos parques máis concorridos da cidade. O obxectivo, indica o tenente de alcalde Jorge Pumar, "é mellorar a seguridade dos cidadáns para que poidan gozar en familia dos parques urbanos".

Ademais, o titular das competencias de Medio Ambiente afirma que estes equipos de dispensación tamén estarán instalados nos espazos de xogos infantís, para cando se poidan utilizar, para a especial protección dos nenos e dos seus avós e pais, á hora de ir xogar e gozar.

Os equipos dispensadores contarán cun sistema de manipulación por pé facilitando o seu uso e a seguridade individual de cada usuario.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00