Fútbol | Deportes
FÚTBOL

Boa noticia para os clubs gelegos de Segunda B e Terceira División

A RFGF ingresará máis de 187.000 Euros aos clubs galegos de Segunda B e Terceira División

Boa noticia para os clubs galegos de Segunda B e Terceira División / RFGF

Boa noticia para os clubs galegos de Segunda B e Terceira División

Ourense

A RFGF que preside Rafael Louzán ingresará máis de 187.000 euros do programa´´ Canteira de Valores´´ da RFEF aos clubs galegos de Segunda División B e Terceira División.

Este novo programa que puxo en marcha a RFEF,´´ Canteira de Valores´´, supón unha inxección económica adicional de máis de 3,2 millóns de euros para os clubs de Segunda División B e Tereceira División. Estes fondos proceden da UEFA a través de plans de fomento da canteira, de solidaridade e contra o racismo. Todo este diñeiro chega en última instancia das competicións europeas que disputan os grandes clubs- UEFA Champions Legue e UEFA Europa League- e por primeira vez na historia repártese entre clubs non profesionais.

A Real Federación Española de Fútbol incrementou aínda máis fondos que reciben os clubs máis modestos do fútbol español. Faino a través dun novo programa, ´´ Canteira de Valores´´, que engadirá 3,2 millóns para os conxuntos da Segunda División B e Terceira División.

Estas novas axudas únense ás percibidas esta tempada, o que significará en conxunto un aumento dun 50 por cen sobre a anterior. Consolídase así a maior repartición económica na historia do fútbol afeccionado.

De feito, a RFEF convértese na primeira Federación do mundo que raparte estas axudas para a súa cuarta división (que España é a Terceira División).

Os datos que corresponden aos clubs de Segunda División B na tempada 2018/ 2019 son de 16.643, 26 euros, mentres que os de Terceira División reciben 8.080, 54 euros. En total son máis de 187.00 euros os que recibe o fútbol galego.

Equipos ourensáns na Terceira División que recibirán esta axuda:

C.D. Arenterio....8.080,54 euros.

C.D. Barco.......8.080,54 euros.

Ourense C.F....8.080,54 euros.

U.D. Ourense..8.080,54 euros.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00