O presidente da RFGF Rafael Louzán lidera o primeiro plan extratéxico da historia da RFEF
A RFEF publicou o primeiro Plan Estratéxico da súa historia, que pretende situar á entidade nun prazo de cinco anos entre as tres federacións de referencia en Europa

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, lidera a comisión que implementará e avaliará o primeiro plan estratéxico da historia da RFEF / RFGF

Ourense
Para implementar e avaliar o cumprimento do Plan reunirase mensualmente un Grupo de Traballo e trimestralmente unha Comisión de Estratexia de nova creación presidida polo membro da Xunta Directiva da RFEF e presidente da RFGF, Rafael Louzán.
Froito do traballo de 10 meses xunto a UEFA e as federacións territorias, o Plan define o obxectivos estratéxicos, 4 deles comúns con todas as federacións territoriais e outros 4 específicos para a RFEF, que en total inclúen 50 obxectivos específicos.
Os obxectivos estratéxicos comúns coas federacións territoriais son impulsar a boa gobernanza, lograr a excelencia deportiva, incrementar a participación, especialmente en fútbol feminino, e levar a cabo a transformación dixital, mentres que os obxectivos estratéxicos específicos da RFEF son reforzar a imaxe e a proxección internacional, optimizar os recursos internos, mellorar a autofinanciación e contribuír ao desenvolvemento social a través do fútbol.