Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As axudas de 2.000 euros aos autónomos serán para os que realicen a súa actividade en Ourense

O proceso para concretar a concesión de axudas entra na súa recta final

Concello de Ourense / Redacción

Concello de Ourense

Ourense

O proceso para concretar a concesión de axudas, que serán de 2.000 euros e individuais, para autónomos, pemes e pequeno comercio, entra na súa recta final, segundo anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

O borrador das bases inclúe como requisito que os beneficiarios das mesmas sexan persoas físicas que veñan realizando de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo dentro do termo municipal de Ourense, sempre que o desempeño de dita actividade non estea suxeita a contrato de traballo pon ningunha empresa e figure dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), así coma no Imposto sobre Actividades Económicas, e se teña visto afectada pola crise da COVID-19, en función do Real Decreto de Alarma do Goberno Central.

A convocatoria esténdese nos mesmos termos aos profesionais que traballen por conta propia sen vencello con ningunha empresa, e figuren de alta tanto no RETA coma na Mutualidade de Previsión Social correspondente. Deberase estar dado de alta no Réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional correspondente e en Facenda, con anterioridade ao 14 de marzo de 2020. É dicir: os solicitantes deberán ter o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade, no termo municipal de Ourense.

O rexedor aclara que se trata dun borrador que se espera concretar esta mesma semana para seguir coa tramitación, que concluirá a vindeira semana coa aprobación das bases da concesión de axudas na xunta de goberno local. O obxectivo do alcalde é “que teña a menor burocracia posible para que poida chegar canto antes os beneficiarios”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir