Nunca un cero foi tan celebrado
O Hospital Comarcal quedou sen pacientes ingresados por coronavirus e hoxe a súa xerente, Carmen Otero, analizou a situación sanitaria en Radio Nordés

Entrevista a Carmen Otero, directora do Hospital Virxe da Xunqueira (27/04/2020)
17:03
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O coronavirus xa non ten presenza no Hospital da Costa da Morte. O domingo o centro hospitalario daba de alta ao único doente que albergaba na súa planta, quedando a cifra de afectados en cero.
Esta mañán a xerente do hospital, Carmen Otero, pasaba polos micrófonos de Radio Nordés, facendo balance da situación actual. Lonxe de trunfalismos "non se pode baixar a garda", Otero considera que estes rexistros se manteñan grazas "as medidas de confinamento e a rebaixa do número de contaxiados. Os casos con máis alta carga viral víronse ao comenzo, agora son pacientes que poden estar illados nas súas vivendas". Unha recuperación que o centro comarcal percibe tamén na atención de doenzas máis habituais, logo dun período no que a cidadanía evitou acudir aos hospitais incluso en casos onde sería necesario. O temor ao coronavirus transformou os centros sanitarios en espazos a evitar en todo caso e agora xa se recupera o ritmo normal
Carmen Otero amosou as cifras da loita contra o COVD-19 no hospital. Un centro onde se practicaron 1150 test, cuns 130 positivos, sobre un 11,8% do total. No hospital diagnosticáronse 127 casos, dos que 31 precisaron ingreso. O pico máximo de pacientes ingresados foi de 14 na primera semana de abril. O peor do vivido durante a crise son os 9 falecidos dun total de once na zona de cobertura do centro comarcal. Deses once, dous finaron no CHUAC. Ademais sete infectados precisaron tratamento en UCI e catro deles inda están no centro hospitalario coruñés.