Margot Lamela: poñer en valor o rural para sair da crise
A alcaldesa de Cee ve precisa a unión comarcal para reclamar melloras a todos os niveis.

Entrevista a Margot Lamela, alcaldesa de Cee (17/04/2020)
20:49
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
A alcaldesa de Cee protagonizou a primeira hora do Vivindo a Costa da Morte. Fíxoo nunha xornada na que a corporación municipal vai facer un ensaio para poder realizar sesións plenarias de xeito telemático.
A máxima rexedora ceense aposta por suprimir a chamada Lei Montoro para poder dispoñer do remanente de tesourería nunha situación de crise coma a actual. No caso da vila da Xunqueira o remanente ascende a 1,2 millóns, puidendo utilizar o superávit, uns 509.000 euros. Desa cantidade o concello vai dispor dun 20% (102.000 euros) para servizos sociais e compra de EPI´s. "Precisamos gastar eses cartos e máis nun momento como o actual".
En canto á loita contra o COVID-19, a alcaldesa ven de facer xestións para permitir que os sanitarios do Hospital Comarcal poidan pernoctar en establecementos coma o Hotel La Marina ou As Cabañas de Lires, evitándolles facer desprazamentos ata as súas viviendas a aqueles que o precisen.
Margot Lamela quixo analizar tamén a necesaria unidade comarcal para superar a crise económica que vai acompañar á sanitaria. "Cee sempre foi exemplo de querer e de que é necesaria a unidade comarcal". Lamela considera que son necesarias "a autovía, a mellora das telecomunicacións... o que hai que aprender é que o que está en alza é o rural. Hai que valorar a túa casa, o teu terreo, vivr onde tes os servizos ao teu redor, ir andando a todas partes... a calidade de vida está neso".