Fisterra suma unha nova vítima
Con catro defuncións é o concello máis castigado da bisbarra
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/C5R6NBJDNBI7FJOBKCZZL65JAE.jpg?auth=9e324b9ab397d76252ab02c98093a64cb20a8ac73898252fdc0b38e0a41340b4&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Coa de hoxe son xa catro as vítimas na vila do Cristo / Cedida
![Coa de hoxe son xa catro as vítimas na vila do Cristo](https://cadenaser.com/resizer/v2/C5R6NBJDNBI7FJOBKCZZL65JAE.jpg?auth=9e324b9ab397d76252ab02c98093a64cb20a8ac73898252fdc0b38e0a41340b4)
Catorce veciños da Costa da Morte perderon a vida por mor da pandemia do coronavirus. A última vítima esta tarde. Unha muller de 84 anos, veciña de Fisterra e que segundo as autoridades sanitarias arrastraba patoloxías previas.
A vila do Cristo está a sendo a localidade que rexistra máis mortes dende que se decretou a alerta sanitaria. Coa falecida de hoxe son catro os fisterráns que perderon a vida nas últimas semanas.
A nova luctuosa chega nunha xornada na que o Hospital Comarcal quedara cos rexistros mínimos de pacientes ingresados en planta. Este mediodía eran tres os doentes que se recuperaban no centro sanitario.