Manuel Muíño: "Para sair disto vaise necesitar a axuda de todos"
O alcalde de Zas amósase preocupado polo escenario de crise que deixará o coronavirus

Entrevista a Lolo Muíño, alcalde de Zas (14/04/2020)
11:40
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Manuel Muíño ven de pasar polos micrófonos de Radio Nordés para analizar a situación que o COVID-19 está a provocar na bisbarra e, nomeadamente, no Concello de Zas.
"Sería clave facer un lobbie costeiro. Xa están falando ADL´s da bisbarra para facer un plan socio-económico de medidas a adoptar para sair da crise" declarou o alcalde zasense. "Ogallá nos trabuquemos pero o que vén vai ser de tal magnitude que non vai a haber ninguén capaz de sair só" manifestou Muíño mostrando a súa vontadae de traballar de xeito mancomunado xunto cos outros alcaldes da bisbarra procurando solucións a ese escenario de recesión económica que se albisca logo da crise sanitaria.