Cances resiste
Na parroquia carballesa móvense nas redes para manter alto o estado de ánimo
Os veciños de Cances resisten ao virus
O confinamento nas vivendas está a provocar unha onda de creatividade entre os veciños da bisbarra. Ben sexa por pasar o tempo, por mostrar as habilidades ocultas ou por manter vivos as lazos de veciñanza, son moitas as creacións que corren polas redes sociais estes días. É o caso da parroquia carballesa de Cances, onde os seus veciños, sen distinción de idade, veñen de participar nun vídeo no que fan a súa particular mostra de resistencia ante a corentena.