Cee combate o virus nas redes
O comercio local e o coro do colexio Manuela Rial protagonizan vídeos motivacionais

Alumnos do colexio Manuela Rial / Cedido
Cee quere combartir o coronavirus de todos os xeitos. Dende a Vila da Xunqueira veñen de publicar sendos vídeos nos que fan un chamamento ao optimismo e á resistencia.
O comercio local é o protagonista nun vídeo onde os responsables de moitos negocios chaman a ver o futuro dun xeito amable. Un comercio local que debería ser clave no escenario que se abra logo desta pandemia. O vídeo, ao igual que o da homenaxe aos sanitarios de Cee, é obra de Roberto López Beltrán.
Pola súa banda, o coro do Colexio Manuela Rial quixo facer a súa versión do "Resistiré", canción que xa é un símbolo de aguante ante a situación provocada polo COVID-19. O vídeo do colexio ceense pódese desfrutar neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=lc1F22OWpNw