Evencio Ferrero bota en falta máis coordinación coa Xunta
O alcalde de Carballo cre que os concellos están sós ante a pandemia

Entrevista a Evencio Ferrero (03/04/2020)
08:35
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Evencio Ferrero pasou esta mañá polos micrófonos de Radio Nordés Cadena SER. O alcalde de Carballo repasou a actualidade do seu concello, onde tamén traballan a reo loitando contra o COVID-19. O máximo rexedor mostrouse "satisfeito" co nivel de disciplina mostrado polo veciños e veciñas de Carballo á hora se seguir as indicacións establecidas polas autoridades sanitarias.
Sen embargo, o nivel de satisfacción non é o mesmo á hora de valorar a colaboración da Xunta de Galicia durante o proceso de alarma. O alcalde lamenta a falla de material que arrastraron durante varias xornadas. Tamén entrou no debate sobre a procedencia de "reinterpretar" a Lei de Protección de Datos mentres dura unhasituación excepcional coma a do estado de alarma. Esta é a entrevista que tivo lugar no programa "Vivindo a Costa da Morte".