Camariñas loita contra a pandemia
Fabricación de máscaras, vixiancia do cumprimento das normas ou desinfección de rúas son algunhas das súas armas

Camariñas reparte xa as mascariñas protectoras / Cedida

A veciñanza de Camariñas traballa a reo para tentar evitar a propagación do virus polo seu concello. Ata o de agora son dez os positivos detectados no seu territorio. Na vila do encaixe actúan tanto na prevención como na vixilancia do respeto ás recomendación dadas polas autoridades.
Dendo o comenzo do estado de alarma, no concello camariñán fixeron 6 propostas de sanción, logo de ter identificado a 128 persoas e interceptar a 17 vehículos. Un traballo que se complementa coas tarefas de desinfección en parroquias coma Camelle e ou puntos neurálxicos coma pavillóns, centros de saúde, mercados ou establecementos que permanecen abertos á venda ao público.
Ademais, nos últimos días comenzáronse a repartir as máscaras de cara confeccionadas polos voluntarios . Os produtos de protección están a ser distribuidos entre as empresas e particulares. Así, de xeito paulatino, os veciños verán como Correos distribuirá dúas máscaras por cada vivenda.