Dumbría lamenta o pasamento da súa primeira vítima do COVID-19
Trátase dun octoxenario moi coñecido no concello costeiro

Dumbría de loito / Concello Dumbría

O coronavirus deixou a quinta vítima na Costa da Morte. O Concello de Dumbría rexistrou o primeiro falecemento por mor desa pandemia. Trátase dun varón de 87 anos afectado por patoloxías previas segundo fontes do CHUAC.
Os novos protocolos existentes sobre servizos funerarios motivaron que a inhumación se realizase de xeito inmediato, sen apenas presenza da súa familia. Todas elas medidas adoptadas para minimizar os riscos de posteriores contaxios.
O finado era pai duns coñecidos empresarios do concello dumbriés, tratándose dunha persoa moi coñecida e aprezada na vila.