A RFGF aproba prorrogar a suspesión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local
Logo da ampliación do Estado de Alarma decretada polo o goberno de España, a Xunta Directiva da RFGF prorrogaa suspensión de todas as competicións

A RFGF aproba prorrogar a suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local ata que as autoridades consideren que se poden reanudar sen risco / RFGF

Ourense
A Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol aprobou o domingo 22 de marzo, en reunión mantida por videoconferencia, prorrogar a suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local, tanto na modalidade principal de fútbol como en todas as súas especialidades ( fútbol sala, fútbol gaélico) ata que as autoridades competentes consideren que se poden reanudar sen risco algún para a saúde dos futbolistas, corpo técnico e empregados dos clubs e para o público asistente.
Medida esta que se toma de acordo co comunicado emitido pola Real Federación Española de Fútbol.
Do mesmo xeito, a RFGF temén mantén todas as medidas de protección dos seus empregados e dos seus afiliados, polo que todas as sedes e instalacións federativas permanecen pechadas ao público.
A RFGF implementou o teletraballo como medida de funcionamento para poder manter a súa actividade abministrativa. A tención aos clubs está asegurada de maneira telemática a través da Internet, polo que pedimos a todos aqueles que queiran contactar coa Federación que o fagan a través dos distintos correos habilitados na internet, ou tamén a través da atención telefónica no número 981 900 600, que se mantén con servicios mínimos.