A Real Federación Galega de Fútbol suspende todas as competicións de ámbito autonómico
Esta decisión súmase á suspensión decretada pola Federación Española nas competicións de categorías nacionais

A Real Federación Galega de Fútbol, suspende todas as competicións de ámbito autonómico de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico durante as dúas próximas semanas / RFGF

Ourense
Ante á situación de urxencia que está xerando a expansión do Coronavirus COVID-19 e logo dos comunicados do CSD e o emitido está mañá pola Real Federación Española de Fútbol no que decreta a suspensión da competición de Fútbol e Fútbol Sala de ámbito estatal durante as dúas próximas semanas, recomendando ademáis a mesma medida a todas as federacións territorias, a Real Federación Galega de Fútbol informa que Toda a competición autonómica de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico tamén queda Suspendida durante ese mesmo prazo de dúas semanas. Medida de urxencia que comezaa ser efectiva desde mañá xoves.
A RFGF non quere crear ningún tipo de alarma, pero esta decisión extraordinaria enténdense necesaria para unha situación que é claramente extraordinaria.
Dentro da nosa capacidade pretendemos con esta medida garantir a saúde e seguridade dos nosos deportistas e de todas as persoas que dun outro xeito move cada partido de fútbol, fútbol sala e gaélico que se disputa en Galicia.
A RFGF manterá un permanente contacto coas autoridades deportivas e sanitarias de Galicia, así como a Federación Española, e informará puntualmente aos clubs de calquera cambio que se produza no referente a esta decisión.