O Bergan afástase do descenso e segue pendente do brote de coronavirus
Despois dunha gran victoria nas Eiroas ante o Rápido de Bouzas (2-0), o cadro de José Luis Lemos deixa os postos de descenso directo a seis puntos. Un encontro ao que os carballeses non saíron coa súa mellor versión, aínda que foron quen de repoñerse e gañar o partido grazas ao doblete de Duque, que xogaba ante o seu ex equipo.
Falamos co míster deses importantes tres puntos e das grandes sensacións que leva trasmitindo o seu equipo dende hai xa máis dun mes. Ademais tratamos con el o tema do Coronavirus e como pode afectar ao Bergan xa que os dous próximos encontros poderían xogarse sen público.
E, por suposto, lle damos a noraboa aos catro representantes do equipo que, coa selección galega, venceron ás Illas Baleares. Iago López nos atende en plena comida nas Rozas.