Más deportes | Deportes
CV Emevé

Bibi Bouza: "Se fose hoxe, creo que o EMEVE chamaríase doutro xeito"

Repasamos a historia dun clube que avogou polo deporte feminino dente o seu inicio aproveitando o 125 aniversario do volley

Sara Meijide e Bibi Bouza nun fotograma da entrevista para Radio Lugo / Cadena Ser

Sara Meijide e Bibi Bouza nun fotograma da entrevista para Radio Lugo

Lugo

Se chegas ós 125 anos, e chegas ben, haberá que festexalo, non? É complicado poder soplar 125 velas porque as probabilidades de chegaren a esta idade son relativamente mínimas. Pero ollo, nós atopamos quen os festexa a corpo de rei ou raiña: O Voleyball.

O volley naceu en 1895 baixo o nome de mintonette, ainda que pouco tardou en evolucionar ata o termo co que hoxe en día o coñecemos. Se hai un deporte bandeira na cidade amurallada é sen dúbida este. Foi no 1983 cando se conformou o Cv Emevé "El Mejor Equipo de Volley de España" da man da familia Bouza.

Case cuarenta anos despois, os Bouza seguen á fronte deste clube histórico. Dende o 2014 preside a entidade Bibi Bouza. O emevé "aportou unión" á familia, malia que houbo altos e baixos e encontronazos que se fixeron públicos, mais "grazas ó sentido común as relacións van moito mellor ".

A día de hoxe o clube conta con equipo masculino e feminino, pero no 83 nace cunha única formación de mulleres. "Vennos de familia. O día que asinamos a acta fundacional estabamos cinco mulleres e un home. Os cargos de responsabilidade ocupabámolos  as mulleres e é que a nosa nai era moi emprendedora, a súa mentalidade non encaixaba naqueles tempos".

Houbo quen lles chamaba tolos por avogar polo deporte feminino nun momento onde o auxe estaba entre os homes, "pero eu seguín a corrente da familia", di a presidenta.

Seis anos coma máxima responsable do clube, arrancando aplausos dende as gradas, animando os xogadores e xogadoras pese o resultado, cantando e alegrando todos e cada un dos partidos que se viven no Municipal. E non se cansa. Non cansa porque é "orgullo" o que sinte cada vez que ve xogar ós seus nenos e nenas.

O volley deullo todo, os mellores e os peores momentos tamén. Recorda, emocionada, a traxedia na que no 2009 perdían a vida tres cativas que voltaban de proclamarse subcampionas de España. "Foi un momento moi duro, pasaron dez anos e o sentimento segue a ser o mesmo: traxedia e vidas truncadas",

Abre o baúl dos recordos de Bibí Bouza e o Arenal Emevé.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00