Os deportistas de Aspnais festexan o día da Radio
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/BOU2KYIMMBK5JOLA2MURCOOHJ4.jpg?auth=e1816189e59e51888e6ce87d900ed74d3d7d84ad7ce906923afc65af839428ce&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Os deportistas de Aspnais durante a sua visita sorpresa a Radio Lugo / Cadena Ser
![Os deportistas de Aspnais durante a sua visita sorpresa a Radio Lugo](https://cadenaser.com/resizer/v2/BOU2KYIMMBK5JOLA2MURCOOHJ4.jpg?auth=e1816189e59e51888e6ce87d900ed74d3d7d84ad7ce906923afc65af839428ce)
Lugo
Coma banda sonora dese momento tan especial, coma compañía nas longas noites de insomnio, coma os ollos que están onde non podes ves, coma a voz que te motiva mentres saes correr, coma confidente e amiga. Ahí está a radio. Sempre con nós. No parking soando pola megafonía, no supermercado, o coche ou no autobus. Hai algún momento do día que non a escoites? Non o creo. Por iso, para agradecerlle a súa fidelidade, o 13 de febreiro é a protagonista.
O Día Mundial da Radio non pode pasar por alto para ningún mortal, pero menos para quen vivimos por e para ela. Por iso, festexar o seu aniversario en compañía lévase moito mellor. Os deportistas de Aspnais uníronse a festa para amosar todo o cariño que lle teñen as ondas de Radio Lugo, SER.
Miguel, Julio, Carlos e Juan escoitan a radio todos os días. No coche, na televisión e na habitación, "porque podes estar o teu aire". Coma deportistas que son os seus programas preferidos non poden ser outros que os de deporte. "E en Cadena SER mellor", di Miguel.
Son fieis a nós. E nós queremos devolverlle ese cariño que nos dan detrás das ondas sentándoos no estudo da emisora. "Eu non estou anda nervioso, eu vou poñer orden", bromea Julio. Son moi curiosos e para algún deles o máis bonito da radio é poder entrevistar e coñecer xente importante "coma os presidentes".
A Miguel gustaríalle poder sentarse con Salva Arco e a Juan con Tino Saqués. Non será por preguntas. Queren sabelo todo. "Eu teño moitas preguntas. ti cantos anos levas na radio? Como é unha rolda de prensa?", pregunta Miguel.
Todos eles pertencen ó equipo de fútbol do #CDLugoGenuine, saben que a sua responsabilidade é gozar no campo, pero tamén transmitir valores. "Temos que ser bos compañeiros, temos que tratar igual homes e mulleres, aceptar o que di o árbitro e ser compañeiros".