Fútbol | Deportes
VAR

O VAR a exame

O polémico gol do Extremadura, os problemas do equipo e a misión do clube de cara a tempada a debate

Radio Lugo organiza unha mesa redonda para analizar o pol´mico gol do Extremadura / RADIO LUGO

Radio Lugo organiza unha mesa redonda para analizar o pol´mico gol do Extremadura

Lugo

Volve a escoitar a mesa redonda organizada no Ser Deportivos Lugo para analizalo polémico gol do Extremadura ante ó CD Lugo. Xosé Ramón Penoucos, Rafa Porto, Kubala, Juan Renda e Carlos melchor debaten sobre o controvertido partido en Almendralejo.

O VAR a examen, escoita a tertulia albivermella

19:30

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Non todos concordan co VAR, hai quenes ven un "claro fora de xogo, porque Alex Alegría ten medio corpo adiantado", coma X.R. Penoucos e hainos que pensan que " a tecnoloxía é a tecnoloxía e se di que é fora de xoga asi debe ser, outra cousa é o que semelle pola perspectiva"; coma Kubala.

Malia que o (non) fora de xogo non sexa un punto de acordo entre eles si creen que "centrar a atención no VAR é mirar cara a outro lado e non querer ver os problemas do equipo", como apunta Rafa Porto.

As quinielas complícanse cando hai que "meter catro" por debaixo do equipo lucense. O certo é que cada xornada que pasa é máis difícil de colorear en vermello os catro nomes. Por iso tamén analizan se se debería dar marcha atrás ó Día do Clube -  que como se indicou a comezos de tempada, reservariase para o partido ante o Oviedo-. "A situación é a mesma que o ano pasado o día do Deportivo da Coruña so que en vez de ser en maio é en febreiro", advirte Carlos Melchor.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00