Deportes
CB breogan

Christian Díaz: "La ausencia de mi madre en Navidades me afectó, creo que es humano"

O canario pasou de ser o xogador mellor valorado do equipo a colleitar unha valoración media de dous nos cinco derradeiros encontros

Lugo

Os números sempre din a verdade, pero son números e non teñen sentimentos. A  realidade do basket mídese en estatísticas, mais ás veces para entendelas precisamos das persoas das que falan para arroxar algo de luz. Christian Díaz é un exemplo delo.

O canario leva varias xornadas sen ser el memso. Nótase dende a grada, nótase no seu rendemento sobre a pista e nótase nas cifras. O celeste pasou de ser o xogador mellor valorado do equipo a colleitar unha valoración media de dous puntos nas derradeiras cinco xornadas. Coma un globo, pollito, que así o chama cariñosamente a afección celeste, foi desinflándose. "Con las Navidades pegué un bajón. Son fechas señaladas que sin mi madre, me pasan factura".

Díaz perdía a súa mamá hai un par de anos e recoñece que "es humano" que en datas tan sinaladas como o Nadal "fin de año o año nuevo", a súa ausencia o lastre. Ademáis de non atravesar un bo momento persoalmente "las lesiones también me han lastrado".

Non nega a baixada de rendemento, pero tamén quere deixar claro que está a poñer solución. "He buscado apoyo dentro y fuera del vestuario. Al primero que acudí fue a Salva que para mi ya es más que un compañero, es un amigo". Sabe que é un xogador querido entre a afección e por iso mesmo recoñece sentirse "en deuda" cunha afeción que lle amosa o seu cariño. "Muchos lo hacen con críticas para que mejore, otros por la calle me paran y me dan ánimo... es que tengo que devolver todo este cariño sobre la cacha".

O canario é un xogador moi vinculado co plano social da cidade lucense. É o padriño da asociaicón "Somos Unidos por el Cáncer" , un cargo que luce orgulloso e tamén está sempre do lado de quen o mira cos mellores ollos, as persoas con diversidade funcional. "El día del partido ante Castelló fui a celebrarlo con los chicos y las chicas de Aspnais porque solo como nos miran, como nos animan... por gente asi yo soy jugador"

Dalle ó play!

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00