A Xunta aposta pola inclusión sociolaboral "plena" das persoas con discapacidade
Aspaber presenta o Proxecto de Formación Dual

Europa Press

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, marcou a inclusión sociolaboral "plena" das persoas con discapacidade como una "prioridade" da Xunta.
O conselleiro participou na presentación do Proxecto de Formación Dual que se desenvolve no centro de emprego da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber) e cuxas instalacións están en Carballo.
No acto o presidente de Aspaber, Rufino Fraga, destacou que este proxecto da a oportunidade de "formar en competencias profesionais e adaptándose as súas necesidades". Pola súa banda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quen tamén participiu na presentación, apelou á colaboración de todas as administracións para "conseguir unha sociedade máis inclusiva e seguir tendendo pontes".
Francisco Conde destacou o lema de Aspaber, 'Aprender a facer facendo', para insistir na "necesidade de apostar por iniciativas" que melloren a cualificación e a formación profesional das personas con diversidade funcional. Ademais, destacou que neste ano a Xunta destinará 40 millóns de euros a programas de orientación, formación, contratación e autoemprego de persoas con discapacidade.